martes, 2 de junio de 2020

Percusión corporal. Ficha instrumentos de corda. Presentación mestres. Boletín ETRAD 13

Moi boas familia!

Esta será a derradeira entrada por este curso e quería agradecervos moitísimo q estivérades aí e que non vos desvinculárades da escola. Podo falar por parte de todolxs profes se digo que estes meses foron complexos para todxs, pero o que nos moveu para continuar foi o amor á música e o cariño hacia vós. Bótovos de menos, pero estou convencida de que isto rematará e sairemos reforzados. 


VEÑA! IMOS COAS ACTIVIDADES!

Antes de nada, inda que convencidísima de que acertáchedes os instrumentos e a orde, vouvos poñer a solución da primeira actividade da semana pasada:


1º Almirez

2º Pandeireta
3º Botella
4º Maraca
5º Cunchas
6º Pandeiro

Demasiado doado para vós!!!


E imos seguir traballando a percusión corporal Neste video que vos enlazo a continuación explico como serían os movementos para a percusión de 3/5/7:


Percusión corporal 3/5/7

 E, se queredes, antes de poñervos a cantar mentras a facedes, podedes practicar con esta secuencia:

3 3 3 5 5 5 7 7 7 3 5 3 7 3 5 3 7 

Durante este trimestre estivemos vendo vídeos de diferentes instrumentos de corda, así que agora toca cubrir a ficha; colorear os instrumentos e escribir ao carón de cada un  como se chama.


O ano que ven xa podedes comezar no itinerario básico da ETRAD. Xa elexíchedes os instrumentos? Para que vos resulte máis doado e tamén para que coñezades aos mestres da nosa escola aquí tendes uns vídeos presentación:


E faltaría o mestre de canto popular, Xisco Feijóo, que agora mesmo está un pouco maliño (nada serio) e non puido facer o vídeo presentación. Inda así vos poño un vídeo del cantando para que vexades que ben o fai.


E nada máis! Que teñades un verán estupendo e vos coidedes moito moito.

MILLEIROS de BIQUIÑOS e GRAZAS por SER e ESTAR

Xela Conde Fernández

Que instrumento toco? Pin Zas, fogo Nicolás. Instrumentos de corda. Boletín ETRAD 12

Moi boas familia!

Pouco a pouco imos rematando o curso... xa case cheira a verán. Esta será a penúltima entrada deste blog para no curso 19/20.


ESTADES LISTOS! Pois veña, que temos moitas cousiñas que aprender.


Para comezar, vouvos poñer a solución da actividade "Adiviña a palabriña 2" da semana pasada. Seguro q as acertáchedes todas.


Solución "Adiviña a Palabriña 2"


A seguinte actividade é moi divertida. A que non adiviñades os instrumentos que estou tocando e a orde en que os vou tocando? (seguro que sí)



Que instrumento toco?


E non podiamos ir rematando o curso sen aprender outra canción super chula. Titúlase "Pin Zas Fogo Nicolás" ... Escoitade!


Aquí tendes a letra da canción:


Para rematar, imos cunha audición doutro instrumento de corda; a zanfona, outro instumento marabilloso que se ensina na escola. Aquí podedes ver e escoitar ó profe de zanfona da ETRAD, Anxo Pintos.


Pois a próxima semana máis e mellor! Sede felices e disfrutade moito!

Biquiños optimistas!

Xela Conde Fernández 

miércoles, 20 de mayo de 2020

Baile da mazurca. Adiviña a palabriña. Instrumentos de corda. Blog ETRAD 11

Moi boas de novo, familia!

Que tal van eses paseos? Co sol que fai dá gustiño sair. Aproveitade se podedes a ver a Natureza, que está fermosísima.

Seguro que xa vos sabedes de sobra o a canción "Chiqui chiqui de Lourido". Pois ben, esta semana toca aprender a bailar unha mazurca. Para iso fixen un pequeno vídeo onde explico como facelo. É moi sinxelo!

Baile da mazurca para Chiqui chiqui de Lourido

E tamén tendes máis adiviñas esta semana. A ver se acertades que palabras estou dicindo coa percusión. Podedes debuxar as que pensades que son. SEGURO QUE ACERTADES TODAS!

Adiviña a palabriña 2

E, para rematar a entrada desta semana, déixovos outro vídeo dun instrumento de corda. Tocoulle o turno á guitarra acústica ao modo folk. Outro instrumento que tamén se imparte na escola.

3 Amazing Folk/Blues Fingerstyle Songs For Guitar!


Mil biquiños de sol!

Xela Conde Fernández

martes, 12 de mayo de 2020

Xilófono acuático. Pequeparti. Audición.Boletín ETRAD 10

Moi boas familia!

Como estades? Agardo que cada vez mellor!

Eu estupendamente na casiña preparada para enviaros máis actividades para que o pasedes ben.

E xa fai un montón que non facedes unha "pequeparti", así que, deixade sair a vosa creatividade para facer un pouco de música. Recordade que non podedes repetir máis de 2 debuxos por línea.

Pequeparti

Canto a teñades dibuxada, a podedes ler e facer con palmas. E se tendes claves ou outro instrumento de percusión pola casa non dubidedes en probar.

Imos experimentar facendo ritmo dunha maneira diferente. Isto vaivos servir para a canción "Dous pasos de Loirido" pero tamén para moitas outras. Mirade e escoitade con atención este vídeo:

Xilófono acuático


E, como non, outro vídeo para que poidades disfrutar con máis intrumentos de corda. Neste caso o violín e o violoncello. Se vos fixadess, a forma que ten Laura Cortese de tocar o violín é moi diferente ao que escoitamos cando vemos unha orquestra clásica. A este variante se lle chama "Fiddle", e abrangue os estilos que son diferentes ao clásico.
Preparádevos para bailar porque ten moito ritmo.

Laura Cortese & the Dance Cards - Perfect Tuesdays (Live)

Pois por esta semana nada máis.

Mil biquiños positívos e coidádevos moito!

Xela Conde Fernández


martes, 5 de mayo de 2020

Canción. Chiqui-chiqui de Lourido. Audición. Boletín ETRAD 9

Moi boas familia!

Como andades! outra semana máis de novas actividades para aprender e divertirse!

Imos aprender unha canción tradicional que nos ensinaron as persoas maiores de Lourido (Soutomaior). É unha canción para bailar un "chiqui - chiqui" tamén chamado mazurca en moitos sitios.

Como ben sabedes, o día 17 de maio é o día das Letras Galegas. Todolos nosos escritores galegos merecen o noso agradecemento e admiración, pero non son menos importantes as coplas que cantaban os nosos avós e avoas. Moitas desas coplas cheas de sabidoría.

Chiqui Chiqui de Lourido (Soutomaior)

E aquí vai a melodía para que a aprendades e a cantedes comigo e a vosa familia

ETRADCOVID 19 Chiqui Chiqui de Lourido

E por último, como non, unha audición. Neste caso imos escoitar a dous cracks tocando o arpa (seguro que alomenos a un o recoñecedes)... Atendede, Atendede!

Bailadeiras. Rodrigo Romaní e Bea Martínez

Que disfrutedes!

Bicos positivos!

Xela Conde Fernández