miércoles, 20 de mayo de 2020

Baile da mazurca. Adiviña a palabriña. Instrumentos de corda. Blog ETRAD 11

Moi boas de novo, familia!

Que tal van eses paseos? Co sol que fai dá gustiño sair. Aproveitade se podedes a ver a Natureza, que está fermosísima.

Seguro que xa vos sabedes de sobra o a canción "Chiqui chiqui de Lourido". Pois ben, esta semana toca aprender a bailar unha mazurca. Para iso fixen un pequeno vídeo onde explico como facelo. É moi sinxelo!

Baile da mazurca para Chiqui chiqui de Lourido

E tamén tendes máis adiviñas esta semana. A ver se acertades que palabras estou dicindo coa percusión. Podedes debuxar as que pensades que son. SEGURO QUE ACERTADES TODAS!

Adiviña a palabriña 2

E, para rematar a entrada desta semana, déixovos outro vídeo dun instrumento de corda. Tocoulle o turno á guitarra acústica ao modo folk. Outro instrumento que tamén se imparte na escola.

3 Amazing Folk/Blues Fingerstyle Songs For Guitar!


Mil biquiños de sol!

Xela Conde Fernández

martes, 12 de mayo de 2020

Xilófono acuático. Pequeparti. Audición.Boletín ETRAD 10

Moi boas familia!

Como estades? Agardo que cada vez mellor!

Eu estupendamente na casiña preparada para enviaros máis actividades para que o pasedes ben.

E xa fai un montón que non facedes unha "pequeparti", así que, deixade sair a vosa creatividade para facer un pouco de música. Recordade que non podedes repetir máis de 2 debuxos por línea.

Pequeparti

Canto a teñades dibuxada, a podedes ler e facer con palmas. E se tendes claves ou outro instrumento de percusión pola casa non dubidedes en probar.

Imos experimentar facendo ritmo dunha maneira diferente. Isto vaivos servir para a canción "Dous pasos de Loirido" pero tamén para moitas outras. Mirade e escoitade con atención este vídeo:

Xilófono acuático


E, como non, outro vídeo para que poidades disfrutar con máis intrumentos de corda. Neste caso o violín e o violoncello. Se vos fixadess, a forma que ten Laura Cortese de tocar o violín é moi diferente ao que escoitamos cando vemos unha orquestra clásica. A este variante se lle chama "Fiddle", e abrangue os estilos que son diferentes ao clásico.
Preparádevos para bailar porque ten moito ritmo.

Laura Cortese & the Dance Cards - Perfect Tuesdays (Live)

Pois por esta semana nada máis.

Mil biquiños positívos e coidádevos moito!

Xela Conde Fernández


martes, 5 de mayo de 2020

Canción. Chiqui-chiqui de Lourido. Audición. Boletín ETRAD 9

Moi boas familia!

Como andades! outra semana máis de novas actividades para aprender e divertirse!

Imos aprender unha canción tradicional que nos ensinaron as persoas maiores de Lourido (Soutomaior). É unha canción para bailar un "chiqui - chiqui" tamén chamado mazurca en moitos sitios.

Como ben sabedes, o día 17 de maio é o día das Letras Galegas. Todolos nosos escritores galegos merecen o noso agradecemento e admiración, pero non son menos importantes as coplas que cantaban os nosos avós e avoas. Moitas desas coplas cheas de sabidoría.

Chiqui Chiqui de Lourido (Soutomaior)

E aquí vai a melodía para que a aprendades e a cantedes comigo e a vosa familia

ETRADCOVID 19 Chiqui Chiqui de Lourido

E por último, como non, unha audición. Neste caso imos escoitar a dous cracks tocando o arpa (seguro que alomenos a un o recoñecedes)... Atendede, Atendede!

Bailadeiras. Rodrigo Romaní e Bea Martínez

Que disfrutedes!

Bicos positivos!

Xela Conde Fernández