martes, 2 de junio de 2020

Percusión corporal. Ficha instrumentos de corda. Presentación mestres. Boletín ETRAD 13

Moi boas familia!

Esta será a derradeira entrada por este curso e quería agradecervos moitísimo q estivérades aí e que non vos desvinculárades da escola. Podo falar por parte de todolxs profes se digo que estes meses foron complexos para todxs, pero o que nos moveu para continuar foi o amor á música e o cariño hacia vós. Bótovos de menos, pero estou convencida de que isto rematará e sairemos reforzados. 


VEÑA! IMOS COAS ACTIVIDADES!

Antes de nada, inda que convencidísima de que acertáchedes os instrumentos e a orde, vouvos poñer a solución da primeira actividade da semana pasada:


1º Almirez

2º Pandeireta
3º Botella
4º Maraca
5º Cunchas
6º Pandeiro

Demasiado doado para vós!!!


E imos seguir traballando a percusión corporal Neste video que vos enlazo a continuación explico como serían os movementos para a percusión de 3/5/7:


Percusión corporal 3/5/7

 E, se queredes, antes de poñervos a cantar mentras a facedes, podedes practicar con esta secuencia:

3 3 3 5 5 5 7 7 7 3 5 3 7 3 5 3 7 

Durante este trimestre estivemos vendo vídeos de diferentes instrumentos de corda, así que agora toca cubrir a ficha; colorear os instrumentos e escribir ao carón de cada un  como se chama.


O ano que ven xa podedes comezar no itinerario básico da ETRAD. Xa elexíchedes os instrumentos? Para que vos resulte máis doado e tamén para que coñezades aos mestres da nosa escola aquí tendes uns vídeos presentación:


E faltaría o mestre de canto popular, Xisco Feijóo, que agora mesmo está un pouco maliño (nada serio) e non puido facer o vídeo presentación. Inda así vos poño un vídeo del cantando para que vexades que ben o fai.


E nada máis! Que teñades un verán estupendo e vos coidedes moito moito.

MILLEIROS de BIQUIÑOS e GRAZAS por SER e ESTAR

Xela Conde Fernández

Que instrumento toco? Pin Zas, fogo Nicolás. Instrumentos de corda. Boletín ETRAD 12

Moi boas familia!

Pouco a pouco imos rematando o curso... xa case cheira a verán. Esta será a penúltima entrada deste blog para no curso 19/20.


ESTADES LISTOS! Pois veña, que temos moitas cousiñas que aprender.


Para comezar, vouvos poñer a solución da actividade "Adiviña a palabriña 2" da semana pasada. Seguro q as acertáchedes todas.


Solución "Adiviña a Palabriña 2"


A seguinte actividade é moi divertida. A que non adiviñades os instrumentos que estou tocando e a orde en que os vou tocando? (seguro que sí)



Que instrumento toco?


E non podiamos ir rematando o curso sen aprender outra canción super chula. Titúlase "Pin Zas Fogo Nicolás" ... Escoitade!


Aquí tendes a letra da canción:


Para rematar, imos cunha audición doutro instrumento de corda; a zanfona, outro instumento marabilloso que se ensina na escola. Aquí podedes ver e escoitar ó profe de zanfona da ETRAD, Anxo Pintos.


Pois a próxima semana máis e mellor! Sede felices e disfrutade moito!

Biquiños optimistas!

Xela Conde Fernández 

miércoles, 20 de mayo de 2020

Baile da mazurca. Adiviña a palabriña. Instrumentos de corda. Blog ETRAD 11

Moi boas de novo, familia!

Que tal van eses paseos? Co sol que fai dá gustiño sair. Aproveitade se podedes a ver a Natureza, que está fermosísima.

Seguro que xa vos sabedes de sobra o a canción "Chiqui chiqui de Lourido". Pois ben, esta semana toca aprender a bailar unha mazurca. Para iso fixen un pequeno vídeo onde explico como facelo. É moi sinxelo!

Baile da mazurca para Chiqui chiqui de Lourido

E tamén tendes máis adiviñas esta semana. A ver se acertades que palabras estou dicindo coa percusión. Podedes debuxar as que pensades que son. SEGURO QUE ACERTADES TODAS!

Adiviña a palabriña 2

E, para rematar a entrada desta semana, déixovos outro vídeo dun instrumento de corda. Tocoulle o turno á guitarra acústica ao modo folk. Outro instrumento que tamén se imparte na escola.

3 Amazing Folk/Blues Fingerstyle Songs For Guitar!


Mil biquiños de sol!

Xela Conde Fernández

martes, 12 de mayo de 2020

Xilófono acuático. Pequeparti. Audición.Boletín ETRAD 10

Moi boas familia!

Como estades? Agardo que cada vez mellor!

Eu estupendamente na casiña preparada para enviaros máis actividades para que o pasedes ben.

E xa fai un montón que non facedes unha "pequeparti", así que, deixade sair a vosa creatividade para facer un pouco de música. Recordade que non podedes repetir máis de 2 debuxos por línea.

Pequeparti

Canto a teñades dibuxada, a podedes ler e facer con palmas. E se tendes claves ou outro instrumento de percusión pola casa non dubidedes en probar.

Imos experimentar facendo ritmo dunha maneira diferente. Isto vaivos servir para a canción "Dous pasos de Loirido" pero tamén para moitas outras. Mirade e escoitade con atención este vídeo:

Xilófono acuático


E, como non, outro vídeo para que poidades disfrutar con máis intrumentos de corda. Neste caso o violín e o violoncello. Se vos fixadess, a forma que ten Laura Cortese de tocar o violín é moi diferente ao que escoitamos cando vemos unha orquestra clásica. A este variante se lle chama "Fiddle", e abrangue os estilos que son diferentes ao clásico.
Preparádevos para bailar porque ten moito ritmo.

Laura Cortese & the Dance Cards - Perfect Tuesdays (Live)

Pois por esta semana nada máis.

Mil biquiños positívos e coidádevos moito!

Xela Conde Fernández


martes, 5 de mayo de 2020

Canción. Chiqui-chiqui de Lourido. Audición. Boletín ETRAD 9

Moi boas familia!

Como andades! outra semana máis de novas actividades para aprender e divertirse!

Imos aprender unha canción tradicional que nos ensinaron as persoas maiores de Lourido (Soutomaior). É unha canción para bailar un "chiqui - chiqui" tamén chamado mazurca en moitos sitios.

Como ben sabedes, o día 17 de maio é o día das Letras Galegas. Todolos nosos escritores galegos merecen o noso agradecemento e admiración, pero non son menos importantes as coplas que cantaban os nosos avós e avoas. Moitas desas coplas cheas de sabidoría.

Chiqui Chiqui de Lourido (Soutomaior)

E aquí vai a melodía para que a aprendades e a cantedes comigo e a vosa familia

ETRADCOVID 19 Chiqui Chiqui de Lourido

E por último, como non, unha audición. Neste caso imos escoitar a dous cracks tocando o arpa (seguro que alomenos a un o recoñecedes)... Atendede, Atendede!

Bailadeiras. Rodrigo Romaní e Bea Martínez

Que disfrutedes!

Bicos positivos!

Xela Conde Fernández


miércoles, 29 de abril de 2020

Qué escoitamos? Percusión para "O Lambonciño". Instrumentos de corda. Boletín ETRAD 8

Moi boas familia!

Como estades? Que ben que puidérades un ratiño á rúa! QUE ALEGRÍA!

Imos seguir divertíndonos esta semana!

Primeiro, poño un enlace coa solución de "Adiviña a Palabriña" que seguro que coindicides cos meus debuxos

Solución Adiviña a Palabriña

Imos seguir cunha actividade de escoitar. Prestade moita atención e a ver se sabedes que é o que soa.

Que está soando?

Pensei en como poderíamos incluir percusión para a canción do "Lambonciño" e ocorréuseme empregar un vaso e unha maraca (feita na casa) ... A PROBAR!!!

Percusión para "O Lambonciño"

E para rematar por esta semana ... Imos comezar a ver vídeos sobre instrumentos de corda. Nesta ocasión veremos e escoitaremos ó bouzouki, instrumento que, ademáis, se ensina na ETRAD. Disfrutade!!!

Muiñeiras do Trasno (Parte II) - Irish Bouzouki. Fernando Barroso

Biquiños enormes!!! ÁNIMO

Xela Conde Fernández

miércoles, 22 de abril de 2020

O lambonciño. Adiviña a palabriña. Instrumentos de vento. Boletín ETRAD 7

Moi boas de novo, familia

Unha semana máis e unha nova entrega de actividades para vos entreter.

Comezamos con adiviñas. Imos xogar a "Adiviña a palabriña". Escoitade e dibuxade as palabras que pensades que son ...

Adiviña a palabriña 1

Vos propoño unha nova canción para aprender co vídeo que enlazarei a continuación. Trátase dun de tantos cantos para xogar e bailar da nosa tradición, "O Lambonciño"

Canción O Lambonciño

E para rematar, polo de agora, aquí tendes unha ficha de "Instrumentos de vento". No segundo trimestre do curso estivemos vendo vídeos de instrumentos de vento. Con esta ficha gustaríame que escribírades ao lado de cada debuxo o nome do instrumento que é e o coloreárades.

Ficha instrumentos de vento

Moito ánimo e biquiños mil!

Xela Conde Fernández

martes, 14 de abril de 2020

Novas actividades. Poliritmia e canción "Mírame Miguel". Boletín ETRAD 6

Moi boas pequechiños!

Outra semana máis e outra semana menos para poder voltar a estar xuntiños.

Propoño máis actividades para esta semana relacionadas coa canción "Mírame Miguel".

O primeiro é intentar facerlle unha letra para a canción que sexa nosa :-).

O retrouso é:

Mirame Miguel como son de bonitiña
saia de burel, camisiña de estoupiña

E a mín ocorreuseme esta copliña:

Estou en cuarentena
e non podo saIR
cantando e bailando 
voume a divertIR

Pois a idea agora é que pensedes noutras copliñas tendo en conta que a última palabra do segundo verso e a última do cuarto sexa igual... A ver que se vos ocorre! 

Mas podedes enviar ao correo etradlearning@gmail.com e así entre todas as que me enviades podemos completar a nosa canción.

E para facelo todavía máis divertido, envío unha partitura para que fagades coa vosa familia.

Explico todo no seguinte vídeo:


Pequeparti:


Se non tendes pandeireta o podedes facer golpeando un cazo cunha culler de madeira, por exemplo ;-)

Pois polo de agora nada máis. A próxima semana un pouquiño máis!!!

MOITO ÁNIMO e MIL BIQUIÑOS!

Xela Conde




lunes, 13 de abril de 2020

Novas Actividades. "Os Maios". Boletín ETRAD 5

Moi boas familia!

Que tal esa Semana Santa? Agardo que sigades ben e con moito ánimo.

Vou enviar un par de cousiñas para esta semana.

A primeira é un vídeo explicativo dunha tradición galega ben bonitiña: Os Maios. Fala da volta á primavera e a luz e como hai que prepararse para outra vez sementar os campos. No vídeo aparece unha representación da Asociación Casco Vello de Vigo dalgunhas tradicións. Agardo que vos guste.

Representación Festa dos Maios. Asociación Casco Vello de Vigo

E para que poidades poñervos aínda máis guapos/as, vos propoño facer unha guirnalda para a cabeza.
Aquí tendes un enlace cunhas frores que podedes colorear e despois pegar a un lazo para poñelo rodeando a cabeza. Tendes que facelo moi ben e con coidadiño, porque bailaredes con esta guirnalda para a vosa familia cando isto remate.

frores para guirnalda

Non deixedes de practicar o baile de "Mirame Miguel" porque seguiremos traballando con el no seguinte boletín.

Biquiños de paciecia e alegría!

Xela

jueves, 2 de abril de 2020

Novas actividades. Baile "Mirame Miguel". Boletín ETRAD 4

Moi boas familia!

De novo aquí para mandarvos máis actividades para divertirvos un pouquiño.

Seguro que xa tendes dominado o de cantar e tocar coa percusión a canción "Chegou a Primavera" ... xa teño ganiñas de ver os vosos vídeos!

Esta semana tamén propoño a aprendizaxe dun novo baile moi divertido; o mahlao.

Aquí a explicación do baile:

Baile Malhao "Mirame Miguel"

E para este baile empregaremos a canción de Brigada Victor Jara "Mira-me Miguel"

Brigada Victor Jara. Mira-me Miguel

Lembrade que podedes enviarme un correo cos vosos comentarios e vídeos a etradlearning@gmail.com (mellor esta dirección que a de xela@sondeseu.org)

Pois pasádeo moi moi ben cantando e bailando e seguiremos despois de Semana Santa!

Biquiños e coidádevos moito

Xela Conde Fernández

jueves, 26 de marzo de 2020

ETRADCOVID19 - MÚSICA e MOVEMENTO (venres) Traballo para a semana do 23 ao 27 de marzo. Boletín ETRAD 3

Moi boas a todxs!

Como estades? Agardo que non demasiado aburridos e con ánimo e alegría!

Envío por aquí cousiñas para facer e aprender nesta semana:

Imos aprender unha nova canción "Chegou a primavera". Aquí tendes a letra e o vídeo da canción:

Vídeo canción Chegou a Primavera

Letra canción Chegou a Primavera

Para que inda sexa máis divertido, pensei nun ritmo que podedes facer con palmas ou diferentes instrumentos de percusión. Mellor será primeiro ler a partitura que vos mando con palabras, logo facelo con palmas, despois con instrumentos e para rematar (o máis difícil) cantar e facelo ao mesmo tempo. Envío partitura e vídeo :-)

Partitura rítmica para Chegou a Primavera

Vídeo explicación ritmo de Chegou a Primavera

E gustaríame que fórades creativos e fixérades un debuxo onde apareceran: frores, paxariños, bolboretas, notas musicais, o cuco ... e todo o que queirades para festexar a entrada da Primavera.

Vos podedes inspirar escoitando a "Primavera" de Vivaldi. Aquí deixo un enlace:

Vídeo Primavera de Vivaldi


Un biquiño enorme! TODO VAI SAIR BEN

Xela Conde Fernández


viernes, 20 de marzo de 2020

ETRADCOVID19 - MÚSICA e MOVEMENTO (venres) Contidos da semana do 16 ao 20 de marzo de 2020 (boletín ETRAD 2)

Moi boas pais, nais e peques

Como o levades? Agardo que todo esté ben, sans e salvos na casiña disfrutando da compañía da familia, escoitando moita música, lendo e xogando.

Tal e como son as circunstancias, pensamos que traballar cos blogs a mellor maneira para poder continuar co curso e, de paso, seguir aprendendo e divertíndonos.

Así que vou ir poñendo cousiñas divertidas por aquí para que continuedes coa clase de Música e Movemento.

Este é un enlace dunha plantilla para que poidades crear a vosa partitura. Xa sabedes que cantos menos debuxos/palabras se repitan máis bonita quedará. Empregaremos as palabras de sempre: sol, casa, chocolate, soldado, corazón, sssh e peixiño.

Pequepartis

Gustaríame que a lérades con palagras e con palmas. Ou incluso tocando algún dous intrumentos que teñades na casa.

Tamén envío un vídeo cantando a canción do "Peixiño" e a letra para que tamén a poida aprender a vosa familia. Seguro que así vos divertides todos e ata os veciños.

Letra Peixiño

Vídeo Canción Peixiño

A próxima semana enviarei máis cousiñas. Espero que disfrutedes moito!!!

Se queredes enviarme preguntas ou un vídeo podedes facelo a xela@sondeseu.org

COIDADEVOS MOITO e MOITO ÁNIMO!

Xela Conde Fernández