jueves, 26 de marzo de 2020

ETRADCOVID19 - MÚSICA e MOVEMENTO (venres) Traballo para a semana do 23 ao 27 de marzo. Boletín ETRAD 3

Moi boas a todxs!

Como estades? Agardo que non demasiado aburridos e con ánimo e alegría!

Envío por aquí cousiñas para facer e aprender nesta semana:

Imos aprender unha nova canción "Chegou a primavera". Aquí tendes a letra e o vídeo da canción:

Vídeo canción Chegou a Primavera

Letra canción Chegou a Primavera

Para que inda sexa máis divertido, pensei nun ritmo que podedes facer con palmas ou diferentes instrumentos de percusión. Mellor será primeiro ler a partitura que vos mando con palabras, logo facelo con palmas, despois con instrumentos e para rematar (o máis difícil) cantar e facelo ao mesmo tempo. Envío partitura e vídeo :-)

Partitura rítmica para Chegou a Primavera

Vídeo explicación ritmo de Chegou a Primavera

E gustaríame que fórades creativos e fixérades un debuxo onde apareceran: frores, paxariños, bolboretas, notas musicais, o cuco ... e todo o que queirades para festexar a entrada da Primavera.

Vos podedes inspirar escoitando a "Primavera" de Vivaldi. Aquí deixo un enlace:

Vídeo Primavera de Vivaldi


Un biquiño enorme! TODO VAI SAIR BEN

Xela Conde Fernández


viernes, 20 de marzo de 2020

ETRADCOVID19 - MÚSICA e MOVEMENTO (venres) Contidos da semana do 16 ao 20 de marzo de 2020 (boletín ETRAD 2)

Moi boas pais, nais e peques

Como o levades? Agardo que todo esté ben, sans e salvos na casiña disfrutando da compañía da familia, escoitando moita música, lendo e xogando.

Tal e como son as circunstancias, pensamos que traballar cos blogs a mellor maneira para poder continuar co curso e, de paso, seguir aprendendo e divertíndonos.

Así que vou ir poñendo cousiñas divertidas por aquí para que continuedes coa clase de Música e Movemento.

Este é un enlace dunha plantilla para que poidades crear a vosa partitura. Xa sabedes que cantos menos debuxos/palabras se repitan máis bonita quedará. Empregaremos as palabras de sempre: sol, casa, chocolate, soldado, corazón, sssh e peixiño.

Pequepartis

Gustaríame que a lérades con palagras e con palmas. Ou incluso tocando algún dous intrumentos que teñades na casa.

Tamén envío un vídeo cantando a canción do "Peixiño" e a letra para que tamén a poida aprender a vosa familia. Seguro que así vos divertides todos e ata os veciños.

Letra Peixiño

Vídeo Canción Peixiño

A próxima semana enviarei máis cousiñas. Espero que disfrutedes moito!!!

Se queredes enviarme preguntas ou un vídeo podedes facelo a xela@sondeseu.org

COIDADEVOS MOITO e MOITO ÁNIMO!

Xela Conde Fernández