Esta será a derradeira entrada por este curso e quería agradecervos moitísimo q estivérades aí e que non vos desvinculárades da escola. Podo falar por parte de todolxs profes se digo que estes meses foron complexos para todxs, pero o que nos moveu para continuar foi o amor á música e o cariño hacia vós. Bótovos de menos, pero estou convencida de que isto rematará e sairemos reforzados.
VEÑA! IMOS COAS ACTIVIDADES!
Antes de nada, inda que convencidísima de que acertáchedes os instrumentos e a orde, vouvos poñer a solución da primeira actividade da semana pasada:
1º Almirez
2º Pandeireta
3º Botella
4º Maraca
5º Cunchas
6º Pandeiro
Demasiado doado para vós!!!
E imos seguir traballando a percusión corporal Neste video que vos enlazo a continuación explico como serían os movementos para a percusión de 3/5/7:
Percusión corporal 3/5/7
E, se queredes, antes de poñervos a cantar mentras a facedes, podedes practicar con esta secuencia:
3 3 3 5 5 5 7 7 7 3 5 3 7 3 5 3 7
Durante este trimestre estivemos vendo vídeos de diferentes instrumentos de corda, así que agora toca cubrir a ficha; colorear os instrumentos e escribir ao carón de cada un como se chama.
O ano que ven xa podedes comezar no itinerario básico da ETRAD. Xa elexíchedes os instrumentos? Para que vos resulte máis doado e tamén para que coñezades aos mestres da nosa escola aquí tendes uns vídeos presentación:
E faltaría o mestre de canto popular, Xisco Feijóo, que agora mesmo está un pouco maliño (nada serio) e non puido facer o vídeo presentación. Inda así vos poño un vídeo del cantando para que vexades que ben o fai.
E nada máis! Que teñades un verán estupendo e vos coidedes moito moito.
MILLEIROS de BIQUIÑOS e GRAZAS por SER e ESTAR
Xela Conde Fernández