Moi boas a todxs!
Como estades? Agardo que non demasiado aburridos e con ánimo e alegría!
Envío por aquí cousiñas para facer e aprender nesta semana:
Imos aprender unha nova canción "Chegou a primavera". Aquí tendes a letra e o vídeo da canción:
Vídeo canción Chegou a Primavera
Letra canción Chegou a Primavera
Para que inda sexa máis divertido, pensei nun ritmo que podedes facer con palmas ou diferentes instrumentos de percusión. Mellor será primeiro ler a partitura que vos mando con palabras, logo facelo con palmas, despois con instrumentos e para rematar (o máis difícil) cantar e facelo ao mesmo tempo. Envío partitura e vídeo :-)
Partitura rítmica para Chegou a Primavera
Vídeo explicación ritmo de Chegou a Primavera
E gustaríame que fórades creativos e fixérades un debuxo onde apareceran: frores, paxariños, bolboretas, notas musicais, o cuco ... e todo o que queirades para festexar a entrada da Primavera.
Vos podedes inspirar escoitando a "Primavera" de Vivaldi. Aquí deixo un enlace:
Vídeo Primavera de Vivaldi
Un biquiño enorme! TODO VAI SAIR BEN
Xela Conde Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario